Afinidade (dereito)
En dereito, a afinidade é un tipo de parentesco (denominado parentesco político) que se produce por un vínculo legal a través do matrimonio entre aquelas persoas que, sen ter lazo de consanguinidade entre elas, si o teñen en troques con algún dos esposos. Por exemplo, os pais do esposo adquiren, con respecto ós pais da esposa, afinidade en razón do casamento.
Se o parentesco natural se estende até o cuarto grao de consanguinidade, sucede análoga e coincidentemente o parentesco por afinidade. Porén, isto ocorre sen poder determinarse "graos", debido que a "afinidade non procrea afinidade".[1]
Os parentes que, pola contra, manteñen vínculos de sangue denomínaselles parentes consanguíneos, e obedecen ó dereito natural, como o que existe entre pais e fillos.
Hai que ter en conta que tamén é empregado o termo para unións ou parellas de feito, sen unión xurídica, na que poidan ter descendentes; así como en adopcións.
Importancia xurídica
[editar | editar a fonte]O vínculo de afinidade entre dúas ou máis persoas ten importancia en dereito de familia e sucesións, para definir o alcance dos dereitos e deberes entre esas dúas persoas respecto dun feito xurídico.[2] Por exemplo, de tutela en caso de orfandade, como designar ós herdeiros legais.
Este concepto tamén é relevante dentro do dereito canónico para determinar a lexitimidade do matrimonio.[3]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Dr. D. Salvador del Viso. Juan Mariana y Sanz, ed. "Lecciones elementales de derecho civil, Volumen 1" (Tomo I).
- ↑ "Derechos de herencia en la familia por afinidad".
- ↑ The Catholic Encyclopedia, Volume I. "Afinidad (derecho). Versión en línea". Robert Appleton Co. Arquivado dende o orixinal o 18 de abril de 2010. Consultado o 03 de maio de 2018.